Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día vintenove de novembro de mil novecentos noventa e sete, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por José Antonio Díaz Pérez e redactado polo arquitecto Francisco M. Moreda Gil, referido á parcela sita en solo urbano de San Bartolo (San Cosme de Barreiros).

Contra o dito acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG do presente anuncio, ou calquera outro que puidese estimarse procedente.

Barreiros, 16 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado