Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 26 de febreiro de 1998, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 2/97 no ensanche, comprendendo as parcelas propiedade de Construcciones Rocafre, S.L., situadas na r/ Río Xubia, cualificadas no Plan Xeral como edificable en 399, 12 m e como zona verde V-65 en 514, e na segunda parcela, no ámbito da UA-18.

De conformidade co establecido no artigo 38 do regulamento citado, sométese o expediente a información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para efecto de presentación de reclamación e observación que, se é o caso, han de dirixirse á Alcaldía-Presidencia.

Durante o trámite de información pública pode consultarse o expediente na Xerencia de Urbanismo do concello e en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 27 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado