Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Paradela e sometido a coñecemento do Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada en data 27 de febreiro de 1998, sométese a información pública por un prazo dun mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia e que empezará a contarse a partir do día seguinte ó da última publicación durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que, consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Paradela, 2 de marzo de 1998.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde-presidente