O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da rúa de nova apertura no camiño de San Blas transversal á avenida de Vigo, promovido mediante iniciativa particular por Inmobiliaria G.A., S.L., e redactado polo arquitecto Rafael Fontoira Surís, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG, con data do 31-5-1995.
O que se fai público para a executividade del, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Pontevedra, 9 de febreiro de 1998.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

