En cumprimento do que dispón o artigo 133.8º, en relación co 102 da Lei do solo de Galicia, sométese á información pública o proxecto de compensación do polígono único do plan parcial do sector do solo urbanizable programado número 4 (SUP-4) en Conxo, aprobado inicialmente pola xunta de compensación do sector o pasado día 25 de febreiro.
O expediente exponse ó público durante o prazo de vinte días soltos contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan
consulta-lo proxecto no Negociado de Planeamento e Xestión, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1998.
O alcalde
Rubricado

