Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta do servicio de tratamento fitosanitario e nutricionais nos parques do Castro, Castrelos e A Guía do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns. Número de expediente 1881/446.

2. Obxecto do contrato. Descrición: servicio de tratamento fitosanitario e nutricionais nos parques do Castro, Castrelos e A Guía de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: do 1 de marzo de 1998 ata o 31-10-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 3.667.999 ptas.

5. Garantías: provisionais: 73.360 ptas.

Definitivas: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, Teléfono (986) 81 01 48 Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista nos artigos 15 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións. Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio. Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 11.4 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 16 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde