O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: do equipamento de moblaxe para Xerencia de Atención Primaria da Coruña. (SCC. 03/1998).
Lote nº 1: mesas e librerías.
Lote nº 2: cadeiras.
Lote nº 3: complementos.
Orzamento: 17.741.800 ptas. IVE incluído.
Lote nº 1: 10.024.000 ptas.
Lote nº 2: 7.338.000 ptas.
Lote nº 3: 379.800 ptas.
Licitando a tódolos lotes 17.741.800 ptas. IVE incluído, quedando condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998.
Fianza provisional: licitando ós tres lotes: 345.836 ptas.
Lote nº 1: 200.480 ptas.
Lote nº 2: 146.760 ptas.
Lote nº 3: 7.596 ptas.
Fianza difinitiva: licitando ós tres lotes: 709.672 ptas.
Lote nº 1: 400.960 ptas.
Lote nº 2: 293.520 ptas.
Lote nº 3: 15.292 ptas.
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia e expediente anticipado de gasto.
Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo desde a sinatura do contrato en trinta (30) días.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Criterios de adxudicación:
1. Deseño, calidade e condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.
2. Prezo ofertado: ata 3 puntos.
3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Eco
nómicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos
2339

