Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Escola Universitaria Fisioterapia (Campus de Oza).
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Mestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Mestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: oito millóns trescentas mil pesetas (8.300.000 ptas.).
Garantía provisional: cento sesenta e seis mil pesetas (166.000 ptas.).
A Coruña, 6 de marzo de 1998.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente da Universidade da Coruña
2334

