O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o día 5-3-1998, acordou a aprobación inicial do plan parcial do parque empresarial de Bértola, o cal se desenvolverá polo sistema de expropiación. Conforme o recollido no artigo 42.1º da Lei 1/1997 do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público o expediente polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia (última publicación). Poderán os interesados poderán durante este prazo examinalo nas oficinas municipais e presenta-las alegacións que consideren oportunas.
Así mesmo acordou conforme o artigo 34 da Lei 1/1997 a suspensión do procedemento de outorgamente de licencias en todo o territorio de aplicación do presente plan parcial do parque empresarial de Bértola.
Vilaboa, 10 de marzo de 1998.
P.D.
Mª Fernanda Blanco Fernández
A concelleira delegada
2297

