O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o día 5-3-1998, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias do Concello de Vilaboa. Conforme o recollido no artigo 42.1º da Lei 1/1997 do 24 de marzo, do solo de Galicia. Este expediente exponse ó público polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e nun dos xornais da maior circulación na provincia (última publicación). Podendo os interesados durante este prazo examinalo nas oficinas municipais e presenta-las alegacións que consideren oportunas.
Asi mesmo acordou conforme o artigo 34 da Lei 1/1997 a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias en todo o territorio de aplicación da presente modificación puntual das normas subsidiarias do Concello de Vilaboa.
Vilaboa, 10 de marzo de 1998.
P.D.
Mª Fernanda Blanco Fernández
A concelleira delegada
2298

