Visto o expediente para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Vilanova.
-Situación: Miño.
-Características técnicas: liña eléctrica aérea a 20 kV de 483 m de lonxitude, con conductor LA-56, con orixe na liña de media tensión Ponte do Porco-San Bollo, centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e R.B.T. de 25 m, conductor R.Z. e apoios de formigón, no lugar de Vilanova, no municipio de Miño.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados estable
cidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 25 de febreiro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
2070

