A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que José García Casares, con domicilio en Costa, Ferreiroa, Agolada, presentou nesta delegación provincial, o día 3 de maio de 1996, instancia-soliciitude do permiso de investigación Val, de 42 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección C), que se sitúa nos termos municipais de Agolada e Rodeiro, da provincia de Pontevedra, e ó que lle cxorrespondeu o nº 2722 da provincia de Pontevedra.
A designación do terreo é a seguinte:
LonxitudeLatitude
Vértice 17º 59' 00"42º 45' 00"
Vértice 27º 57' 00"42º 45' 00"
Vértice 37º 57' 00"42º 43' 20"
Vértice 47º 58' 00"42º 43' 20"
Vértice 57º 58' 00"42º 42' 00"
Vértice 67º 59' 00"42º 42' 00"
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.
O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.
Pontevedra, 26 de febreiro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
1954

