A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 15 de xaneiro de 1998 se outorgou o permiso de investigación Leguiñas, nº 2691, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais da Estrada e Cuntis da provincia de Pontevedra.
O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.
Pontevedra, 27 de febreiro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
2177

