Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona Val de Lemos-sector Ibb, que co obxecto de que tomen posesión deles, se poñen á disposición dos respectivos propietarios
os predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, a do 15 de marzo de 1998 para prados e labradíos, e o 15 de xuño de 1998 para árbores maderables, a falta de acordo do propietario destas e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.
Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles e contados desde o 16 de marzo de 1998, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e o que consta no expediente de concentración.
Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo do apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.
Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución lles outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.
Lugo, 23 de febreiro de 1998.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Desenvolvemento
Rural de Lugo
2265

