Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de San Martín de Ferreiros (Pol-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentratación parcelaria da zona de San Martín de Ferreiros (Pol-Lugo) que, co obxecto de que tomen posesión delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, a do 15 de marzo de 1998, a falta de acordo do propietario destes e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 16 de marzo de 1998, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de aper

cibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución lles outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que no abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 2 de marzo de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Lugo

2486