Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 1998 pola que se lle notifica á empresa Arcos Forestal, S.L., a resolución do conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 18 de decembro de 1997 no expediente C-64-867/95.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a imposibilidade de practica-la notificación á empresa Arcos Forestal, S.L. no lugar indicado como domicilio, por ser devolta polo servicio de correos, e despois da remisión para a súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Boiro, notifícaselle a seguinte resolución do conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 18 de decembro de 1997 no expediente de subvención C-64-867/95:

A empresa Arcos Forestal, S.L. incumpriu as condicións establecidas na resolución de concesión de subvención do 24 de outubro de 1996. En especial incumpríronse os seguintes puntos das condicións xerais: a) O beneficiario comunicará por escrito, ante o órgano competente da Comunidade Autónoma, a súa aceptación das condicións xerais e particulares ligadas á subvención no prazo máximo de 15 días hábiles desde a súa notificación, b) O beneficiario comunicará por escrito ó Servicio de Produccións e Industrias Forestais a data de inicio dos investimentos e así mesmo, e con periodicidade trimestral, o estado de execución destes, e c) A data límite para a presentación da xustificación dos investimentos será o 1 de xullo de 1997. Se existira imposibilidade material para facelo, solicitarase unha prórroga dous meses antes da data límite razoando as causas da demora e confirmando o importe do investimento previsto.

A Orde do 8 de setembro de 1995 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, establece no seu artigo 9.1º que as axudas poderanse revogar nos seguintes casos: b) Por incumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión.

Por todo o anterior, esta consellería, en virtude das atribucións que ten conferidas polo Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura e pesca, de acordo co artigo 6 do Real decreto 633/1995, e vista a Lei 30/1992 e demais normativa de aplicación xeral, resolve revoga-la axuda concedida á empresa Arcos Forestal, S.L. no expediente C-64-867/95, por incumprimento das condicións establecidas na resolución da concesión.

Contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o seguinte día da súa notificación, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1998.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

2176