A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.
c) Número de expediente: 8/1998.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: realización do servicio de limpeza e lavandería.
b) División por lotes e número:.
c) Lugar de execución: Residencia de Tempo Libre do Carballiño.
d) Prazo de execución: desde o 11 de maio ata o 31 de outubro de 1998, ámbolos dous incluídos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 6.100.000 ptas.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: camiño Prado Lonia,s/n.
c) Localidade: Ourense 32004.
d) Teléfono: (988) 38 60 96.
e) Telefax:: (988) 38 60 87.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das pro
posicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos:.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:.
e) Admisión de variantes:.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: camiño Prado Lonia,s/n.
c) Localidade: Ourense.
d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar no día hábil seguinte.
e) Hora: 11.
10. Outras informacións:.
11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Ourense, 6 de marzo de 1998.
P.D.(Orde 19-1-1998)
Isidro José Cabero Juárez
Delegado provincial de Ourense
2122

