Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, publicada no DOG

do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Colectores xerais e EDAR de Meaño (Sanxenxo, Meaño e Cambados-Pontevedra).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 719.648.673 ptas.

-Abastecemento auga potable parroquias da Parte, Valverde e conexión coa parroquia de Bascos (Monforte de Lemos-Lugo).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 82.374.816 ptas.

-Abastecemento e saneamento en Ramirás (Castrelo de Miño-Ourense).

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 36.985.000 ptas.

-Mellora da rede de saneamento e abastecemento na zona urbana de Lugo.

Adxudicatario: Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 472.984.932 ptas.

-Saneamento integral de Begonte (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 293.469.997 ptas.

-Xardín didáctico de acuaciencia (Ferrol-A Coruña).

Adxudicatario: Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.

Orzamento: 139.432.945 ptas.

-Abastecemento de auga marxe dereita ría Arousa, treito: Rianxo-Boiro (Boiro-A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Paraño, S.A.

Orzamento: 494.250.000 ptas.

-Rede de abastecemento de auga ó núcleo de Burela-primeira fase (Burela-Lugo).

Adxudicatario: Dago, S.A.

Orzamento: 35.000.300 ptas.

-Colectores xerais e EDAR de Bertamiráns (Ames-

A Coruña).

Adxudicatario: Isolux Wat, S.A.

Orzamento: 346.500.000 ptas.

-Asistencia técnica para a revisión e actualización do plan de saneamento de Galicia.

Adxudicatario: (U.T.E.) Tranor, S.L. e Ikaur, S.L.

Orzamento: 27.193.880 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de

contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

1924