Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de febreiro de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da vivenda conta número 100 do expediente C-1-IV/78.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da súa vivenda.

Contra a devandita resolución e de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, poderase interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 25 de febreiro de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

Expediente: C-1-IV/78.

Conta: 100.

Nome: Benigna Pita Pita.

Último enderezo coñecido: r/ Enrique Granados, bloque 41, portal 15, baixo dereita. (Ferrol).

Data da resolución: 25 de febreiro de 1998.

2157