En cumprimento do dispsoto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que
a continuación se relacionan os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.
Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificación que estimen conveniente ó seu dereito.
No caso contrario procederase a insta-la resolución xudicial do seu contrato, co obxecto de adxudicarlle posteriormente a vivenda a un novo beneficiario, expido, a sino e selo esta cédula na Coruña o 4 de marzo de 1998.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área Provincial do Instituto Galego
da Vivenda e Solo da Coruña
ANEXO
-Carmen Díaz Fraguela e herdeiros.
Expediente: C-1-IV/78 (DP-D 47/97).
Conta: 7.
Polígono de Caranza, blo. 41, portal 2, baixo D (Ferrol).
Importe débeda: 461.942 ptas.
1949

