De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula ponse en coñecemento da empresa Remendos (Mª Elvira Pereiro Maroño) o laudo arbitral dictado, o día 18 de decembro de 1997, polo Colexio Arbitral nomeado para resolve-la reclamación formulada por Mª Ofelia Señoráns Barreiro contra a devandita empresa.
Empresa: Remendos (Mª Elvira Pereiro Maroño).
Enderezo: Marqués de Amboage, 13 (A Coruña).
Reclamante: Mª Ofelia Señoráns Barreiro.
Laudo:
O Colexio Arbitral, entrando no estudio da solicitude de arbitraxe e segundo o seu leal saber e entender pronunciou o seguinte laudo:
Toda vez que a empresa reclamada non se presentou a este acto de audiencia e que no resgardo de recollida da peza de roupa non figura ningunha anotación sobre o posible deterioro desta, este Colexio Arbitral estima a reclamación formulada por Mª Ofelia Señoráns Barreiro, debendo a empresa reclamada aboa-la cantidade de 20.000 pesetas en concepto de indemnización.
O dito laudo foi adoptado por unanimidade.
O prazo para o cumprimento deste laudo é de 15 días a partir da súa notificación.
Notifíquese ás partes o presente laudo, facéndolles saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz desde o día da súa notificación, así como que contra este cabe o recurso de anulación de acordo co previsto no artigo 45 e seguintes da Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe.
Dentro dos cinco días seguintes ó da notificación poderá pedirlle ó Colexio Arbitral que corrixa calquera erro de cálculo, de copia, tipográfico ou similar ou que aclaren algún concepto escuro ou omisión do laudo.
Na Coruña, 23 de febreiro de 1998.
Carlos Rodríguez Montero
Secretario do Colexio Arbitral
2003

