Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 27 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de expediente sancionador 15-396/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente número 15-396/1997, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (Praza de Europa, 10 A 2º, edificio Área Central As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir desta notificación.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta número 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela.

Expediente: 15-396/1997.

Denunciante: José Gutiérrez Carou.

Domicilio: rúa Salgueiro, 4C-2ºD, Os Tilos-Teo, Santiago de Compostela.

Data de resolución: 19-12-1997.

A Coruña, 27 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo da Coruña

2141