O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 5 de marzo de 1998, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán o concurso por procedemento aberto para a subninistración de programas e equipos informáticos para os servicios económicos do Concello de Carballo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción desta anuncio no DOG para que poidan presentarse reclamacións.
Asemade anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
Tipo de licitación: 9.950.000 ptas. (IVE incluído), e outros criterios establecidos no prego de cláusulas.
Lugar e prazo de entrega: os programas e equipos informáticos instalaranse na Casa Consistorial e na sede do padroado deportivo municipal, que terá comunicación directa mediante liña RDSI. O prazo de posta en funcionamento completo e total do sistema non será superior a tres meses, contados a partir do día seguinte ó da adxudicación.
Fianza provisional: 2% do orzamento do contrato.
Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.
Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, agás se resultase sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.
Proposicións:
Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo dos vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.
Documentación: presentarase en tres sobres pechados:
Sobre número 1, marcado coa letra A.
Sobra número 2, marcado coa letra B.
Sobre número 3, marcado coa letra C.
E axustados ó modelo que figura no prego de condicións que se encontra exposto ó público nas oficinas xerais do concello.
Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.
Carballo, 9 de marzo de 1998.
Manuel Varela Rey
Alcalde
2499

