Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de febreiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o plan parcial do sector A-1 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes para o seu exame e alegacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

San Cibrao das Viñas, 27 de febreiro de 1998.

A alcaldesa

Rubricado

1900