O Concello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 6 de febreiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización Viñagrande na parroquia de Alcabre, conforme a documentación presentada pola xunta de compensación, e redactada polo arquitecto José M. Catalán Pérez de Lis, e visado polo COAG con datas do 22 de abril, 16 de outubro e 24 de novembro de 1997.
Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 11 de febreiro de 1998.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde
1755

