Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO VICEDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de febreiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o plan xeral de ordenación municipal.

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 26 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de 30 días, que empezará a contar a partir do día seguinte á publicación oficial deste anuncio, para que tódolas persoas interesadas poidan presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

O Vicedo, 20 de febreiro de 1998.

Isaac Prado Villapol

Alcalde

2497