1. Entidade adxudicadora.
A) Órgano: o Pleno do Padroado de Turismo Terra de Trives.
B) Dependencia trámite do expediente: secretaría do Padroado.
C) Expediente: 1/1998 P.D. C. Xerencia.
2. Obxecto do contrato:
1. Consultoría e asistencia técnica.
2. Xerencia do plan de dinamización turística na Comarca Terras de Trives.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento e forma: aberto-concurso.
4. Orzamento: tipo máximo: 6.700.000 ptas./ano 1998.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Padroado Comarcal de Turismo, Terras de Trives.
b) Domicilio: Praza do Reloxio, s/n.
(32780) A Pobra de Trives, Ourense.
Teléfono: (988) 33 09 09.
Fax: (988) 33 10 10.
c) Data límite para obtención de documentación e información: dous días antes ó do remate do prazo para presentar proposicións.
d) Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica especializada no sector turístico con experiencia probada en xestión de programas de dinaminzación turística ou semellantes.
7. Presentación de ofertas:
a) A data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte á data da última publicación do anuncio no DOG ou BOP (data da última publicación).
b) Documentación que se presentará: a que se explicita no prego de condicións.
c) Lugar de presentación: Rexistro do Padroado Comarcal de Turismo tódolos días da semana en horario de 11 a 13 e 16 a 20 horas. Domicilio. Praza do Reloxio s/n (32780) A Pobra de Trives-Ourense.
d) Prazo durante o que o licitador mantén a súa oferta.
8. Apertura de ofertas.
a) Lugar: salón de sesións da Casa do Concello da Pobra de Trives (Ourense).
b) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de propostas, ás 12 horas. Se este día fose sábado ou inhábil a apertura efectuarase o luns ou día hábil seguinte.
9. Outras informacións: Padroado de Turismo Terra de Trives.
10. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.
A Pobra de Trives, 11 de marzo de 1998.
Pedro Fernández Fernández
Presidente do Padroado de Turismo Terras de Trives
2498

