Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.927

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO DE TURISMO TERRAS DE TRIVES

ANUNCIO de concurso de ideas.

-Centro de Interpretación Histórico-Cultural da Comarca Terra de Trives.

-Localización: Santa Leonor.

-Lugar: A Pobra de Trives.

-Concurso de ideas para o posterior encargo do proxecto, así como para a adxudicación do contrato e da dirección de obras do Centro de Interpretación Histórico-Cultural da Comarca de Terra de Trives.

Antecedentes. O Padroado de Turismo das Terras de Trives, na súa condición de ente xestor do Plan de dinamización turística da Comarca de Terra de Trives, convoca un concurso de ideas para elaboración do proxecto do Centro de Interpretación Histórico-Cultural da Comarca de Terra de Trives dentro do marco de

actuación do primeiro protocolo do 29 de decembro de 1997 e de acordo da Comisión de Seguimento do Plan do 29 de xaneiro de 1998.

Base 1.-Obxectivos. Elección da proposta máis imaxinativa, orixinal, innovadora e atractiva, en resumo, axeitada para a creación dun Centro de Interpretación Histórico-Cultural da Comarca de Terra de Trives, a situar no edificio existente denominado Colexio de Santa Leonor, sito na rúa Eumenio Ancochea da Proba de Trives.

Este edificio singular cuns antecedentes que se explicitan na documentación informativa, acollerá o centro xa referido.

Base 2.-Carácter do concurso. O concurso de ideas desenvolverase a nivel de anteproxecto avaliado.

-É aberto e en fase única.

-O seu ámbito será a nivel do Estado.

Base 3.-Concursantes. Poderán tomar parte neste concurso arquitectos do Estado, que poderán concorrer individual ou en equipo multidisciplinar, o cal se valorará especialmente.

Base 4.-Cota de inscrición. A cota de inscrición será de 10.000 (dez mil) pesetas, que deberán ingresarse na Tesourería do Padroado de Turismo da Terra de Trives, sede social sita na Pza. da Constitución, ou na súa conta operativa, número 2046 0500 93 3040007823, na sucursal de Caixa Ourense na Pobra de Trives. Neste caso, no momento da inscrición deberá presentar xustificante do ingreso.

Base 5.-Prazo de inscrición. Ata as 14 horas do décimo día natural, contado desde o seguinte ó da data da publicación do anuncio no DOG.

Base 6.-Prazo de execución. Un mes contado desde o seguinte á data de remate do prazo para a inscrición.

Base 7.-Premio. Un único premio: levará aparellada a encomenda do proxecto básico e de execución material do referido proxecto.

-Mención especial do Padroado para anotación curricular.

-O xurado poderá deixar deserto o concurso.

-Os anteproxectos presentados, agás o premiado, serán devoltos ós participantes, que deberán recollelos na sede do Padroado, no prazo dun mes, contado desde a data de adxudicación do premio, ou da declaración de deserto.

-Ós participantes expediráselles, se así o solicitan, o correspondente xustificante de participación, para seu uso curricular.

Base 8.-Orzamento máximo total, incluídas as dotacións, honorarios de dirección do proxecto (todo incluído), importe total: 100 millóns de pesetas.

Base 9.-Presentación da documentación.

Sobre A: anteproxecto de ideas (totalmente anónimo).

Base B: a documentación presentarase nun sobre B que conterá os seguintes datos:

-Nome e apelidos do concursante.

-De seren un equipo: nome do equipo, dirección deste.

-DNI/NIF do concursante e de tódolos membros do equipo, se é o caso.

-Currículum profesional.

-Nome dos integrantes do equipo e o seu currículum profesional.

-Domicilio social.

-Domicilio, teléfono e fax para efectos de notificación.

-Declaración responsable en relación cos seguintes puntos:

* Que no suposto de gaña-lo premio, o gañador non está incurso en ningunha das causas de prohibición para contratar coas administracións públicas.

* Que se presentarán tódolos documentos esixidos pola lexislación vixente de réxime local, e demais normativa de aplicación en materia de contratación.

* Cálculo aproximativo dos honorarios de execución do proxecto que se vai elaborar como consecuencia de gaña-lo concurso.

Base 10.-Xurado. O xurado estará composto polos seguintes membros:

Presidente: o presidente do Padroado de Turismo, Pedro Fernández Fernández.

Vocais designados polo Padroado:

-1 técnico especialista en museos.

-2 técnicos asesores do Padroado no Plan de dinamización.

-1 arquitecto superior, designado polo Padroado.

-1 licenciado universitario en historia da arte.

-2 técnicos en materia de turismo e/ou cultura.

-O alcalde-presidente do Concello da Pobra de Trives.

Secretaria: a do Padroado de Turismo.

Tódolos membros do xurado terán voz e voto, agás a secretaria, que terá só voz.

Base 11.-Prazos. Rematado o prazo para a presentación de documentación, en dez días, o xurado reunirase en sesión pechada no salón de sesións do Concello da Pobra de Trives, e examinará os contidos do sobre A. Rematadas as deliberacións, e adoptada a resolución, o xurado, en acto público, en día e hora que se anunciaría no día e hora en que remate a reunión primeira do xurado, procederá a facer pública a súa resolución, mediante lectura da acta correspondente, e de se-lo caso, abrirase o sobre B, que permitirá coñece-lo gañador.

Os sobres A e B só levarán no seu exterior a seguinte lectura: concurso de ideas: Centro de Interpretación Histórico-Cultural da Comarca de Terra de Trives, e non levarán externamente ningunha identificación. Só o número de rexistro de entrada e data de presentación do Rexistro do Padroado de Turismo.

Base 12.-O xurado. Valorará:

-Orixinalidade no deseño e contido: 10 puntos.

-Innovación: 15 puntos.

-Calidade dos materiais propostos: 10 puntos.

-Aproveitamento dos espacios que se creen: 10 puntos.

-O cumprimento dos obxectivos que se pretenden desde o Plan de dinamización turística: 15 puntos.

-Valoración económica das actuacións: 5 puntos.

-Integración das posibles actividades que se desenvolverán no edificio: 10 puntos.

-Supresión de obstáculos e barreiras arquitectónicas: 10 puntos.

-Grao de interactividade do edificio, carácter didáctivo das actividades que nel se propoñan: 15 puntos.

O proxecto gañador acadará un mínimo de 75 puntos.

No suposto de empate, dirimirá o xurado, e adoptará a súa resolución por maioría dos 2/3.

A Pobra de Trives, 9 de marzo de 1998.

Pedro Fernández Fernández

Presidente do Padroado de Turismo Terras

de Trives

Dilixencia. As presentes bases foron aprobadas polo Pleno do Padroado en sesión celebrada o 11 de marzo de 1998.

A Pobra de Trives, 12 de marzo de 1998.

Mª Milagros Calvo Carballo

Secretaria

2485