De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción á Lei 4/1997, de 25 de xuño, de caza de Galicia.
Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.
O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).
Pontevedra, 3 de marzo 1998.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: C-147/97.
Denunciado, último domicilio conocido: Gabriel Blanco Villegas. Mondariz Balneario.
Feito denunciado: cazar nun couto sen permiso (couto A Mondarizana), o día 1 de novembro de 1997, termo municipal de Mondariz.
Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Sanción: 100.001 ptas. e Ret. da licencia de caza e Inha. para obtela 1 ano e 1 día.
Expediente: C-150/97.
Denunciado, último domicilio conocido: Argimiro Carballo González. Regueiro-Riofrío-Mondariz.
Feito denunciado: cazar nun couto sen permiso (couto A Mondarizana), o día 2 de novembro de 1997, termo municipal de Mondariz.
Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Precepto sancionador: artigo 61 de la Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Sanción: 100.001 ptas. e Ret. da licencia caza e Inha. para obtela 1 ano e 1 día.
Expediente: C-154/97.
Denunciado, último domicilio conocido: José María Lamas Montes. Anduriña, 14-4º E, Vigo.
Feito denunciado: cazar nun couto sen permiso (couto A Mondarizana), o día 1 de novembro de 1997, termo municipal de Mondariz.
Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Sanción: 100.001 ptas. e Ret. da licencia caza e Inha. para obtela 1 ano e 1 día.
Expediente: C-161/97.
Denunciado, último domicilio conocido: Juan Jesús González Ríos. Arcade-Soutomaior.
Feito denunciado: cazar nun couto sen permiso (couto de Pontesampaio) o día 13 de novembro de 1997, termo municipal de Pontevedra.
Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Sanción: 100.001 ptas. e Ret. da licencia caza e Inha. para obtela 1 ano e 1 día.
Expediente: C-165/97.
Denunciado, último domicilio conocido: Fernando de Francisco Carrera. Fresno, 8-2º Esq., Vigo.
Feito denunciado: cazar non levando consigo documentación preceptiva (licencia de caza, seguro obrigatorio e recibo do couto), o día 16 de novembro de 1997, termo municipal de Mondariz.
Precepto infrinxido: artigo 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Sanción: 10.000 ptas.
Expediente: C-181/97.
Denunciado, último domicilio conocido: Adolfo Álvarez Pérez. Val Miñor, 5-7º H, Vigo.
Feito denunciado: transitar por un refuxio de caza cun can sen a debida dilixencia para evitarlles molestias ás pezas de caza, ás súas crías e ós seus ovos, o día 29 de novembro de 1997, termo municipal de Vigo.
Precepto infrinxido: artigo 57.1º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Sanción: 20.000 ptas.
2200

