Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-100/97 e dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución, dictada no expediente por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 3 de marzo de 1998.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-100/97.

Denunciado: Emilio Vieites Chaves.

Último domicilio coñecido: A Modia, s/n, Vilariño-Cambados.

Feito denunciado: cazar con escopeta sen licencia de caza nin permiso do couto, o día 26 de outubro de 1997, termo municipal Cambados.

Precepto infrinxido: artigo 58.2º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas. Ret. da licencia de caza e Inha. para obtela 1 ano e 1 día.

Expediente: C-122/97.

Denunciado: José Javier Magariños Filgueira.

Último domicilio coñecido: Avda. de Lugo, 12, Pontevedra.

Feito denunciado: cazar sen permiso no couto PO-10.107, o día 2 de novembro de 1997, termo municipal Meis.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas. Ret. da licencia de caza e Inha. para obtela 1 ano e 1 día.

Expediente: C-125/97.

Denunciado: Antonio Lorenzo Vidal.

Último domicilio coñecido: Avda. Fragoso, 62-3º A, Vigo.

Feito denunciado: cazar sen permiso no couto PO-10.187, o día 1 de novembro de 1997, termo municipal Caldas de Reis.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas. Ret. da licencia de caza e Inha. para obtela 1 ano e 1 día.

2201