1. Entidade adxudicadora: Servicio Gallego de Salud, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 57 65; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.
2. Categoría da asistencia e descrición: categoría, nº de referencia CCP.
Contratación dunha asistencia para a realización dun censo domiciliario para a obtención da información necesaria para a emisión da tarxeta sanitaria do Servicio Galego de Saúde, en duas áreas xeográficas de Galicia.
Orzamento total: cento oito millóns de pesetas (108.000.000 ptas., IVE incluído).
3.a) Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.
5. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
6. Duración do contrato ou prazo para realiza-la asistencia: desde a formalización do contrato ata o 1 de novembro de 1998.
7.a) Nome e dirección do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administra
tivo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 8-4-1998.
8.a) Data límite de recepción das ofertas: 16-4-1998.
b) Dirección a que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do 27-4-1998.
9. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación:
10. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.
11. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.
12. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
13. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.
14. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 11.
15. Información complementaria: na dirección e servicio indicadas no punto 1.
16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 10 de novembro de 1997.
17. Data de envío do anuncio: 11-3-1998.
18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas:
19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletins oficiais, será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral de Recursos Económicos
2105

