De acordo coas bases aprobadas pola Comisión de Goberno en sesión con data do 23 de febreiro de 1998, solicítanse candidatos para cubrir mediante contrato laboral eventual a media xornada por servicio determinado ata tanto dure o convenio de colaboració subscrito co Club Ciclista Ponteareas, os seguintes postos para a Escola de Ciclismo:
-1 mecánico de bicicletas.
-1 mecánico monitor.
-1 preparador físico de ciclismo.
Requisitos.
Será imprescindible para o acceso á praza os requisitos seguintes:
1. Ser maior de idade e non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento da súa función.
2. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas nin atoparse inhabilitado para o exercicio das función públicas.
3. Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.
Os requisitos a continuación enumerados, son imprescindibles para a praza a que se opta.
1. Para a praza de mecánico de bicicletas experiencia mínima dun ano.
2. Para a praza de mecánico-monitor, experiencia mínima dun ano como mecánico de bicicletas e licencia de monitor ou de director deportivo provincial.
3. Para a praza de preparador físico de ciclismo, titulación de licenciado polo INEF.
Docmentación.
O currículum vitae e demais documentación presentarase no prazo de 10 días naturais que comezarán a contar a partir do seguinte ó da inserción da convocatoria no Diario Oficial de Galicia
A devandita documentación presentarase no rexistro do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas, situado na Lomba do Cruceiro 5, Ribadetea-Ponteareas, en horario de 9 a 14 horas ou ben polos procedementos admitidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A documentación consistirá en fotocopias non compulsadas de tódolos méritos que se achegen.
Para os efectos de recoñecemento da experiencia achegada, será aceptado contrato, certificación da
Administración correspondente ou calquera outro medio que acredite a prestación dos servicios que se achegen.
Se non se presentara fotocopia do mérito que se desexe alegar no prazo indicado, este non se terá en conta para os efectos da súa puntuación.
Así mesmo achegarase fotocopia do DNI.
As bases polas que se rexe esta contratación estarán a disposición dos interesados no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas.
Ponteareas, 25 de febreiro de 1998.
José Castro Álvarez
Alcalde
2106

