1. Entidade adxudicadora: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Aforro Enerxético, Patrimonio e Contratación. Número de expediente 11075/240.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración, instalación e posta en servicio de equipos reguladores e estabilizadores de potencia para o Concello de Vigo.
Unidades que se van entregar:19.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: 14 días naturais.
3. Tramtiación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.
4. Orzamento base: 16.501.000 ptas.
5. Garantías: provisional: dispensada.
Defintiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono: (986) 81 01 48, Fax: (986) 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en cualquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.
Lugar de presentación: vexase punto 6 do anuncio.
Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de oferas: entidade, domicilio e localidade: Secretaria Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 3602 Vigo.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.
11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 16 de marzo de 1998.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde
2559

