Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración, instalación e posta en servicio de equipos de iluminación eficiente para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Aforro Enerxético, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 11074/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración, instalación e posta en servicio de equipos de iluminación eficiente para o Concello de Vigo.

Unidades que se van a entregar:

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 14 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base: 21.810.000 ptas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202, Vigo. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 16 de marzo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

2314