Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.047

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ACORDO do 12 de marzo de 1998 polo que se nomea director da fundación.

O padroado da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, con domicilio en Santiago de Compostela, na súa reunión celebrada o día 12 de marzo de 1998, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 11.f) dos seus estatutos, aprobados por acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 19 de decembro de 1997, acordou resolve-la convocatoria pública para o nomeamento do director da fundación, órgano superior unipersoal de xestión desta, anunciada no Diario Oficial de Galicia nº 35, correspondente ó día 20 de febreiro de 1998.

En consecuencia, de conformidade co previsto na base cuarta da dita convocatoria, faise público o seguinte acordo:

Primeiro.- Nomear director da fundación a Javier Bouzada Romero.

Segundo.- Dada a condición de funcionario público da persoa nomeada, tramitarase da súa Administración de orixe o pase á situación administrativa que lle corresponda.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1998.

José María Hernández Cochón

Presidente do padroado da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

2315