Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 02 de abril de 1998 Páx. 3.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial e calendario laboral para o ano 1998 do convenio colectivo da

empresa Stolt Sea Farm, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 4-3-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 20-1-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de marzo de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ACTA

Asistentes:

-Pola parte empresarial:

Pablo García Rodríguez.

-Pola parte social:

Esteban Martínez Fondo.

Pedro Pazos Redonda.

Manuel A. Fernández Pérez.

Jesús García Grille.

En Lira-Carnota, sendo as 16 horas do día 20 de xaneiro de 1998, reúnense as persoas que arriba se relacionan, co obxecto de realizaren a revisión salarial das táboas salariais para o ano 1998 de acordo co convenio colectivo de Stolt Sea Farm, S.A.

Ámbalas partes recoñécense mutuamente capacidade legal para revisaren as táboas salariais do convenio colectivo de Stolt Sea Farm, S.A.

Confecciónanse as novas táboas salariais para o ano 1998, aplicando o criterio establecido no artigo 27 do convenio colectivo, as cales se xuntan como anexo I a esta acta.

Apróbase o calendario laboral para 1998, o cal se xunta como anexo II a esta acta.

Así mesmo, acórdase autorizar a Esteban Martínez Fondo para a presentación e rexistro das ditas táboas salariais.