Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 02 de abril de 1998 Páx. 3.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta levantada sobre o acordo de adhesión da empresa de ámbito provincial, As Burgas, Cooperativa de Ambulancias Orensanas, ó convenio colectivo nacional do sector, publicado no BOE número 218 do 9 de setembro de 1996.

Visto o texto da acta levantada sobre o acordo de adhesión da empresa de ámbito provincial, As Burgas, Cooperativa de Ambulancias Orensanas, ó convenio colectivo nacional do sector, publicado no BOE nº 218, do 9 de setembro de 1996, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito, en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polo delegado de persoal, na xuntanza celebrada o día 6-2-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 92, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación deste delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 10 de marzo de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

ACTA

Asistentes:

Pola empresa: Agustín Capón Moure, Francisco Balboa Gómez.

Pola parte social: Comisións Obreiras de Galicia, Óscar Vázquez Vázquez, José Gómez Gómez.

En Ourense nos locais da empresa As Burgas, Cooperativa de Ambulancias Or., sendo as 18 horas do día 6 de febreiro de 1998, reúnense as persoas relacionadas na marxe, co obxecto de establece-las condicións salariais e sociais dos traballadores da empresa As Burgas, Soc. Coop., e acórdase o seguinte:

Primeiro.-Adherirse voluntariamente ó convenio colectivo nacional do sector, publicado no BOE nº 218, do 9 de setembro de 1996 e sucesivas.

Segundo.-Os efectos do acordo retrotráense ó 1-1-1998 igual cás normativas e no sucesivo será o marco xurídico de aplicación nesta empresa.

Terceiro.-Enviar copia por cuadruplicado exemplar do presente acordo e follas estatísticas a que alude a vixente lexislación laboral.

En Ourense, 6 de febreiro de 1998.

Asinado