De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós contribuíntes co último domicilio coñecido que se indica as liquidacións que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 14.7º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto
de transmisión patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Recollidos os instrumentos de pagamento nesta delegación, os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída, son os sinalados no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado texto legal.
A) Se a publicación se realiza entre dos días 1 e 15, o prazo comprenderá ata o día 5 do mes seguintes ou o inmediato hábil posterior.
B) Se a publicación se realiza entre os día 16 e último do mes, o prazo comprenderá ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.
Formas de realiza-lo ingreso:
En calquera entidade colaboradora (banco ou caixa de aforros autorizada) ou na entidade que presta o servicio de caixa nesta delegación territorial.
Contra a presente notificación poderá interpoñe-los seguintes recursos sen que se poidan simultanear: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Secretaría Delegado de Ourense, rúa Santo Domingo nº 27), ou recurso de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial, rúa do Progreso, nº 38 entreplanta, Ourense, unha e outro no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data da publicación desta cédula.
Ourense, 6 de marzo de 1998.
Norberto Francisco Bayón Rey
Delegado territorial de Ourense

