Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 02 de abril de 1998 Páx. 3.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica e se aproba o proxecto de execución da empresa Cerámica el Castelo, S.A., no concello de Monforte de Lemos, provincia de Lugo. (Expediente 4727 A.T.).

Visto o escrito presentado pola empresa Cerámica El Castelo, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de Valdés, 43, 24400 Ponferrada (León), e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-No citado escrito, presentado na delegación provincial desta consellería en Lugo o día 14 de abril de 1997 a referida empresa, dedicada á fabricación de productos cerámicos, solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica, co obxecto de acollerse ós beneficios previstos no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, dictada en desenvolvemento da Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía.

As características básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dous motores alimentados por gasóleo, de 760 kW cada un; dous xeradores síncronos trifásicos de 760 kVA c/u; tensión de xeración 400 V; un centro de

transformación r/t 0,4/15, montado en interior, cunha potencia total de 1,6 MVA; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 22617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo dictou Resolución do 19 de maio de 1997 pola que se someteu á información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 28-7-1997, no BOP de Lugo do 10-7-1997, sen que se presentase no período legalmente establecido alegación ningunha.

Terceiro.-O 24 de xuño de 1997 esta dirección xeral resolveu recoñecer á citada planta de coxeración a condición de instalación acolida ó rexime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.

Cuarto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente incluído para ó efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Cerámica El Castelo, S.A., que se situará nas súas instalacións do termo municipal de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.

Segundo.-Aproba-lo proxecto da execución da dita planta de coxeración.

Calqueira modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación, do réxime especial, o promotor, deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comu-

nidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria