Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 02 de abril de 1998 Páx. 3.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Cumprindo acordo do Pleno da Corporación do 20 de marzo de 1998, convócase concurso para adxudicación, mediante procedemento aberto, do soar deste concello sito na Avda. San Rosendo, por permuta con construcción futura sobre el, publicando, en extracto, o prego de cláusulas administrativas, facendo constar que estas na súa totalidade están á disposición dos interesados na secretaría do concello:

1. Obxecto da licitación. Constitúe o obxecto do contrato a permuta do soar, propiedade deste concello, sito entre a Avda. San Rosendo e a rúa do

Cercado, por obra futura que se vai contruír sobre el, consistente en baixos e outras posibles dependencias, sendo baixos con resistencia e condicións adecuadas para gardería de vehículos lixeiros e pesados, por procedemento aberto e mediante concurso.

O soar figura inscrito no inventario de bens do concello, co número 324, cos seguinte datos:

Natureza do inmoble: terreo urbano.

Situación: Avda. San Rosendo.

Lindeiros: fronte, Avda. San Rosendo, traseira rúa do Cercado, dereita, Manuel Fernández Pérez e esquerda, promotora Montes Ourense, S.L.

Superficie: 537,30 m, dos que 372,70 m son edificables e 164,60 m dedicados a viais e espacios libres.

Natureza do dominio: ben de propios.

Título: adquirida en virtude de convenio urbanístico cos irmáns César, Concepción e Laura Rodríguez Meleiro, Bautista Fernández Vázquez, Remedios Gallardo Villanueva e fillos e Manuel Fernández Pérez.

Destino: edificación.

Dereitos reais a favor: ningúns.

Dereitos reais que gravan o predio: ningún.

Data adquisición: 18-8-1995, data da entrada en vigor do plan xeral de ordenación urbana adapatado e revisado.

Valor en venda: vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.).

Valor actual: 24.974.843 ptas.

A construcción debe adaptarse ó contido da información urbanística que figura no expediente.

A parte construída que se entregue o concello debe figurar inscrita no Rexistro da Propiedade.

2. Tipo de licitación. A parte construída que se oferte ó concello debe ter unha avaliación mínima de vintecatro millóns novecentos setenta e catro mil oitocentas corenta e tres pesetas (24.974.843 ptas.), tal como figura na valoración feita polo arquitecto municipal e que figura no seu informe.

3. Fianzas. Os participantes no concurso deben constituír unha garantía provisional por importe de 499.497 pesetas. O adxudicatario deberá constituír unha garantía definitiva polo importe de 24.974.843 pesetas.

4. Prazo e lugar de presentación de proposicións. No rexistro xeral do concello, sito na praza Maior número 1, de Celanova, Ourense, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do primeiro día seguinte ó da última publicación da convocatoria no BOP ou no DOG.

5. Proposicións. A presentación das proposicións presupón, por parte do contratista, que acepta incondicionalmente o prego de condicións e a declaración responsable de que reúne tódolos requisitos para contratar co Concello de Celanova. A documentación presentarase en dous sobres pechados, que terán que ser asinados polo licitador ou polo seu representante. En cada un farase consta-lo seu número, a relación de documentos que contén, o nome do licitador e a seguinte lenda:

«Proposición para tomar parte no concurso de permuta de soar do Concello de Celanova por contrucción futura sobre el».

Sobre número 1. Documentación xeral. Incluirase neste sobre a seguinte documentación:

a) Se o licitador fose persoa xurídica, copia da escritura de constitución ou modificación debidamente inscrita no Rexistro Mercantil e co cumprimento da obriga imposta no artigo 3.1º da Lei 19/1989, do 25 de xuño.

Se o licitador fose persoa física, copia do NIF, debidamente autenticada mediante compulsa.

Os que comparezan ou asinen proposicións no nome ou representación doutros, tanto se son persoas físicas como xurícas, presentarán poder declarado bastante por letrado ou polo secretario do concello.

b) Declaración responsable do licitador outorgada ante o secretario do concello, autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado, na que faga constar que non se atopa incurso en ningunha das prohibicións para contratar contidas no artigo 20 da LCAP.

c) Resgardo acreditativo de constitución de garantía provisional.

d) Declaración xurada de estar ó día nas obrigas tributarias da Seguridade Social e coa Facenda local.

O adxudicatario definitivo presentará certificados orixinais.

e) As sociedades deberán acreditar, mediante certificación expedida por persoa competente, que non forma parte dos seus órganos de goberno ou administración ningunha persoa á que se refiere a Lei 25/1983, de incompatibilidades de altos cargos.

f) Copia do recibo do IAE, no epígrafe correspondente. O adxudicatario definitivo acreditará antes o asinamento do contrato que figura en alta na correspondente matrícula.

g) Xustificación da solvencia económica e financeira dos concorrentes por un ou varios dos medios sinalados no artigo 17 da citada Lei de contratos das administracións públicas.

h) Para o caso de agrupación temporal de empresas deberá cumprirse o disposto no artigo 24 da LCAP.

i) Anteproxecto do edificio que se vaia construír, de acordo coas posibilidades previstas na información urbanística, asinado pro técnico competente, incluíndo anteproxecto de urbanización do soar en toda a fronte que dá á rúa Cercado, comprendendo vía e espacios libres e calquera outro requisito de urbanización do citado soar.

Sobre número 2. Proposición de permuta.

Presentarase escrita a máquina ou en letra maiúscula, sen que se acepten aquelas que presenten riscaduras ou conteñan omisións, de acordo co seguinte modelo:

D/dona..., con domicilio en..., NIF número..., expedidio o..., en nome propio (ou en representación de..., segundo acredita con...), informado/a da convocatoria para a adxudicación por procedemento aberto, mediante a forma de concurso, do soar do Concello de Celanova, sito entre a Avda. San Rosendo e a rúa do Cercado, por permuta por obra que se vai construír sobre o mesmo, anunciada no BOP da provincia número... de data... e DOG número..., de data..., tomo parte nela e comprométome a entregar ó concello as seguintes partes de obra realizada que seguidamente se mencionan e que figuran no anteproxecto que se xunta, facendo contar que non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 da LCAP.

Partes de obra construída qu se entregarán ó concello, con expresion detallada da súa superficie, características, elementos e acondicionamentos.

Á proposición unirase porposta do licitador sinalado o prazo no que se compromete a efectua-la entrega do construído ofertado ó concello, a partir da concesión da licencia municipal de obras, sendo prazo máximo para a posta á disposición do concello, unha vez cumpridos tódolos trámites pertinentes, o prazo de 5 anos.

6. Criterios de selección para adxudicación do contrato.

Os criterios que servirán de base para adxudicación son os seguintes, relacionados por orde decrecente da importancia qeu se lles atribúen:

a) Mellor e maior cantidade de obra futura para construír ofertada: ata 4 puntos.

b) Menor prazo de entrega da obra construída: máximo de 1 punto.

7. Exposición ó público. O presente prego exporase á información pública durante catro días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, con fin de que se poidan presentar reclamacións.

8. Gastos de urbanización. Tódolos gastos de urbanización serán por conta do adxudicatario.

Celanova, 24 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado