Convócase a contratación laboral temporal dun posto de traballo de educador para o Plan de desenvolvemento xitano.
As bases para rexe-la contratación foron aprobadas, por razón de urxencia, pola Comisión de Goberno desta Corporación Municipal en sesión do 29-1-1998, acordo que foi ratificado en sesión plenaria do 23-2-1998, e publicáronse integramente no BOP da Coruña número 48, do 28-2-1998.
Os interesados en tomar parte neste proceso selecionado presentarán as súas solicitudes no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Ribeira, 9 de marzo de 1998.
José Luis Torres Colomer
Alcalde

