Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 02 de abril de 1998 Páx. 3.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Convócase a contratación laboral temporal (como interino) dun posto de traballo de conserxe.

As bases para rexe-la contratación foron aprobadas, por razón de urxencia, pola Comisión de Goberno desta Corporación Municipal en sesión do 29-1-1998, acordo que foi ratificado en sesión plenaria do 23-2-1998, e publicáronse integramente no BOP da Coruña número 48, do 28-2-1998.

Os interesados en tomar parte neste proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 9 de marzo de 1998.

José Luis Torres Colomer

Alcalde