Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 69/1997).

Outorgada a declaración de utilidade pública por resolución desta delegación de data 2 de febreiro de 1998, que leva implícita a urxente ocupación, de conformidade co artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, ordenación do sistema eléctrico nacional, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, para execución das instalacións eléctricas que máis abaixo se des

criben, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Avda. de Arteixo, 171, 15009 da Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen nas relacións anexas aue o representante e o perito da Administración se constituirán o día 7 de maio de 1998 nos predios para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas da Casa do Concello as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e os dereitos pot expropiación ou servidumes, a partir das horas que seguen:

Expediente 69/1997.

Liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña Marzán-Lestedo, e centro de transformación no lugar de Pousada, no termo municipal de Vedra.

A partir das 11.30 horas predios números 2, 4, 6 e 8.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto en por si ou por medio de persoas que os representen, e se así o estiman oportuno cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os únicos efectos de emendar posibles erros das relacións.

A Coruña, 10 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 69/1997Provincia: A Coruña

Denominación: Pousada de ArribaTermo municipal: Vedra

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2A VeigaLabradíoMaría de la Fuente PedreiraPousada de Abaixo, 15, 15885 Vedra1240400

4A VeigaViñedoDolores Vázquez RíosCachosenande, 15881 Boqueixón2070

6A VeigaLabradíoManuel Casal TurnesPousada de Abaixo, 15885 Vedra2142420

8A EiraLabradíoHerdeiros de Antonio Castro

Antonio Castro Crespo

Pousada de Arriba, 1, 15885 VedraC.T.650350

2616