Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Vilela.
Situación: Ribadeo.
Descricións técnicas: L.M.T. 20 kV-471 e 36 metros de lonxitude con conductor LA-56 de 54.6 mm sobre apoios de formigón e torres metálicas. Dous centros de transformación 20.000/380-220 V de 100 kVA cada un de potencia. Redes de baixa tensión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 16 de marzo de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2959

