Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 9 de marzo de 1998, do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P. 3/1997 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e último enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador P. 3/1997 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: P. 3/1997.

Denunciado e derradeiro enderezo coñecido: Panadería Juana. Estrada de Bembrive-Outeiro 293, Vigo.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria, falta de autorización oficial, deficiencias estructurais graves e deficiencias de manipulación graves.

Precepto infrinxido: Art. 8.1º, 8.3º c, d, e, f, g; 8.9º, 8.10º, 8.11º, 8.12º, 8.15º, 8.16º, 9.5º e 13 do R.d. 1137/1984.

Sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade).

Sanción imposta: 500.001 ptas.

2492