Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a contratación do servicio de reparto de mercadorías e mensaxería.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público:

1. Obxecto: contratación do servicio de reparto de mercadorías e mensaxería desde o almacén e a Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra ata

os distintos centros dependentes desta Administración.

2. Nº de expediente.- 1/98 N.

3. Orzamento: 6.200.000 ptas. anuais (IVE incluído).

4. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1998. Sen prexuízo disto, o contrato poderá prorrogarse por acordo expreso das partes antes do seu remate e por períodos anuais sen que a súa duración total, engadidas as prórrogas, poida exceder de seis anos.

5. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

8. Solvencia técnica: acreditarase mediante relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos incluíndo importe, data e beneficiarios públicos ou privados deles.

9. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

10. Documentación de interese para os licitadores: a documentación administrativa e técnica estará á disposición dos interesados na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1ª planta 36204 Vigo, teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

11. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

12. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26 - 6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

13. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario del.

Pontevedra, 3 de marzo de 1998.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

2524