A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca a seguinte concurso público:
Obxecto e orzamento:
Contratación de: servicio de realización de probas analíticas por laboratorio externo, prezo unitario proba.
Orzamento máximo autorizado: 20.000.000 de ptas. (vinte millóns de pesetas).
Prazo de execución:
O prazo de execución do servicio obxecto do contrato será desde a sinatura do correspondente contrato ata o 31 de decembro de 1998, podendo prorrogarse mediante acordo expreso de ámbalas partes.
Forma de adxudicación:
Procedemento aberto por medio de concurso público, trámite ordinario, 4/1998.
Admisión de variantes:
Non se admiten variantes.
Fianza provisional:
A contía da fianza provisional (por valor do 2% do orzamento total do contrato) é de catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.)
Clasificación esixida:
Grupo III, subgrupo 1, categoría A.
Criterios de adxudicación:
Nº orde: 1.
Criterio de adxudicación: prezo ofertado.
Ponderación: 41%.
Nº orde: 2.
Criterio de adxudicación: control de calidade externo e interno.
Ponderación: 25%.
Nº orde: 3.
Criterio de adxudicación: prazos de entrega e recollida de mostras.
Ponderación: 17%.
Nº orde: 4.
Criterio de adxudicación: sistema de comunicación informáticos co hospital.
Ponderación: 17%.
Documentación de interese para os licitadores:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Provincial-Psiquiátrico Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. Tfno: (986) 86 23 63 e fax: (986) 84 79 41).
Presentación de proposicións:
Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións:
Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores:
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios:
O pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.
Pontevedra, 4 de marzo de 1998.
Alfredo García Iglesias
Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón
2332

