Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998 Páx. 3.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Acabados del Deza, S.A., no concello de Lalín, provincia de Pontevedra. (Expediente 420/1996 A.T.).

Visto o escrito presentado pola empresa Acabados del Deza, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Polígono Industrial Lalín 2000, Lalín, Pontevedra, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 26 de novembro de 1996, a referida empresa, titular dunha planta de corte e pasada de ferro de pezas de vestir, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para a planta de coxeración que ten previsto isntalar na súa factoría do concello de Lalín (Pontevedra). Xúntalle á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos alcanzables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do citado Real decreto 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dous grupos motor-xerador de 1.100 kVA cada un.

-Dúas caldeiras de recuperación de gases de escape e instalacións complementarias.

-Instalacións de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra dictou Resolución do 10 de outubro de 1996 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no

DOG do 3-2-1997 e no BOP do 4-2-1997, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Terceiro.-Por Resolución do 31 de marzo de 1997, a Dirección Xeral de Industria recoñeceulle á dita planta de coxeración a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, incluíndoa no grupo d) do Art. 2 do dito real decreto.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da antedita delegación provincial.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Acabados del Deza, S.A. que se vai situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Lalín (Pontevedra).

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa aplicación.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria