Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre venda ambulante, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
O curso ten por obxectivos:
a) Coñece-la regulación xurídica estatal autonómica sobre venda ambulante: o Real decreto 1010/1985 do 5 de xuño.
b) Coñecer das competencias das comunidades autónomas e das corporacións locais na regulación e control da venda ambulante.
c) Coñece-las intervencións da policía local en relación coa venda ambulante.
Destinatarios.
O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 40.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas do día 5 de maio.
3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas; será requisito indispensable para ser admitido nos cursos. O incumprimento deste requisito implicará a exclusión do devandito curso.
4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contido e duración.
O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse entre outros os seguintes temas:
-Lexislación sobre venda ambulante: regulación xurídica sectorial estatal, regulación de competencias das diferentes administracións públicas.
-Regulación do fenómeno nas ordenanzas municipais.
-Intervención policial sobre venda ambulante: prácticas de confección de denuncias.
Datas.
O curso celebrarase do 11 ó 15 de maio.
O horario será das 16.30 ás 20.30 horas.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos publicarase o día 7 de maio no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (986) 59 00 21.
Lugar.
O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade sita na Avenida da Cultura, s/n no concello da Estrada.
Certificado de asistencia.
Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modificá-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade
3405

