Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-3-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, por los delegados de personal, en data 11-3-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Ral decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 16 de marzo de 1998.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Convenio Hermanos. Rodríguez Gómez, S.L.
Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.
O presente convenio regulará as condicións mínimas ás que se deberán axusta-las relacións laborais e económicas que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores as súas disposicións e o propio convenio ata o momento vixente.
Artigo 2º.-Ámbito persoal.
Este convenio afecta o persoal que actualmente presta servicios na empresa Hermanos. Rodríguez Gómez, S.L., así como aquel que ingrese no futuro.
Artigo 3º.-Vixencia e denuncia.
O presente convenio terá unha vixencia de dous anos e entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1998 e rematará o 31 de decembro de 1999, dándose por denunciado automaticamente o 31 de decembro de 1999.
Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.
O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando dalgunha condición ou condicións máis
beneficiosas que as que aquí se establecen, deberán conservalas.
Artigo 5º.-Xornada de traballo.
Durante a vixencia do presente convenio a xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo de luns a venres, equivalentes a 1.792 horas efectivas en cómputo anual como máximo ou, se é o caso, inferior que poida acordarse no convenio colectivo provincial da provincia de Pontevedra e que se establece por disposición legal.
Durante a vixencia do presente convenio consideraranse os días 24 e 31 de decembro non laborables compensados polo exceso de días do cómputo da xornada e os restantes días para que se negocien e acorden entre a empresa e os seus representantes sindicais.
A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento co comité, delegados de persoal ou cos traballadores, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumento de vendas, ou ben favoreza as necesidades estacionais da producción. Dentro da xornada de traballo efectivo estarán incluídos os quince minutos correspondentes ó tempo de bocadillo.
A xornada de traballo comezará á hora prevista no cadro horario aprobado pola empresa e os representantes legais dos traballadores.
O traballador deberá estar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa correspondente indumentaria, ó toque de sirena ou outro sistema establecido.
A dita xornada normal será computada en consideración ó inicio do labor no posto de traballo e remate deste, e non polo concepto de entrada e saída da factoría.
Para os traballadores que teñan que desempeña-lo seu traballo fóra do taller da empresa sita en San Ignacio, 3-5, cando toque a sirena ou outro sistema establecido e coa súa correspondente indumentaria de traballo deberán encontrarse en disposición de partir cara ó seu posto de traballo para inicia-la súa actividade.
Artigo 6º.-Vacacións.
As vacacións serán de 30 días naturais retribuídos e ininterrompidos, o período de vacacións desfrutarase nos meses de verán e será fixado e acordado cos representantes legais dos traballadores con dous meses de antelación ó seu desfrute e posto no taboleiro de anuncios da empresa.
O aboamento destas realizarase ó seu inicio, todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade temporal ou baixa por accidente terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.
Artigo 7º.-Festivos.
Para 1998 establécense como máximo os días festivos que con carácter nacional e local fixe o calendario publicado no BOE, no DOG e no BOP de Pontevedra. Aplicarase en todo momento o disposto pola autoridade laboral.
Artigo 8º.-Recoñecemento médico.
A empresa estará obrigada a solicitar do Gabinete Técnico Provincial, Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo de Rande, un recoñecemento anual como mínimo para todo o persoal, o día empregado no recoñecemento médico será aboado pola empresa.
Artigo 9º.-Seguridade e hixiene.
A empresa está obrigada ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, duchas, etc., de conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais.
No demais aplicarase o establecido na mencionada lei e o seu desenvolvemento. Así mesmo, a empresa dotará o persoal de lentes de seguridade graduados, se así o precisasen.
Para a designación dos servicios de prevención e delegados de prevención aplicarase o que para tal efecto dispón a Lei 31/1995, do 8 de novembro.
Artigo 10º.-Roupa de traballo.
A empresa dotará ó seu persoal da adecuada roupa de traballo.
O persoal obreiro percibirá como mínimo dúas fundas cada ano e se fose necesario logo de xustificación seralle proporcionado unha terceira.
En relación co calzado, o empresario dotará os traballadores dun par de botas ou outro calzado de seguridade que os protexa dos riscos que a súa actividade poida provocar.
As indicadas dúas fundas e as botas ou outro calzado de seguridade serán entregados dunha soa vez dentro do primeiro mes de cada ano.
Ós traballadores de nova contratación as correspondentes pezas de roupa de traballo entregaránselles no momento da súa incorporación.
O persoal administrativo e técnico, que así o solicite, percibirá cada ano unha bata que o protexa do desgaste da súa propia roupa. Exercido este dereito polo empregado, esta peza de roupa será de uso obrigatorio durante a xornada laboral.
No caso de ter que realizar algún labor nos talleres, o empregado será provisto de roupa adecuada (funda, botas de seguridade, casco, etc.) que o protexa dos riscos inherentes a eses lugares de fabricación.
Proverase de roupa e calzado impermeable ó persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie en réxime de chuvias frecuentes, así como
tamén ós que tivesen que actuar en lugares notablemente encharcados ou lamacentos.
En contactos con ácidos dotarase ó traballador de roupa adecuada.
Ós porteiros, vixilantes, gardas, conserxes e choferes proporcionaráselles cada ano un uniforme, calzado e roupa de abrigo e impermeables.
Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduados, o empresario terá que proporcionarlle uns, sempre que polo traballo que realice sufrisen deterioración.
Se o traballador necesitase cristais correctores, proporcionaránselle lentes protectores coa adecuada graduación óptica ou outros que poidan ser superpostos ós graduados do propio interesado.
Cando a índole nociva da actividade dos traballadores así o requira, cumpriranse estrictamente as esixencias que ó respecto determina a ordenanza laboral de seguridade e hixiene (artigos 141 a 151).
Artigo 11º.-Licencias.
O traballador logo de aviso e xustificación terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:
a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.
b) Tres días laborais en caso de nacemento de fillo.
c) Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais, fillos e pais políticos.
d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos e irmáns políticos.
e) Dous días naturais en caso de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas de maneira que faga fe.
f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio.
g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co traballo o facultativo de medicina xeral prescriba a dita consulta, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referido prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas ó ano.
h) Os traballadores por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.
i) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, cando conste nunha norma legal ou convencional
un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.
j) Un día natural, en caso de matrimonio de fillos, irmáns ou pais.
k) Un día natural por falecemento de tío/a.
Nos supostos d) e e), se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra da provincia, concederánselle dous días naturais máis.
No suposto c), se o traballador precisase desprazarse a unha distancia superior a 50 km, concederáselle un día natural máis.
En caso de necesidade logo de aviso e xustificación a empresa deberá conceder un permiso sen retribuír, ata un período de dez días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.
Todo o anteriormente exposto neste artigo, será tamén de aplicación para as parellas de feito, suficientemente acreditadas.
Artigo 12º.-Capacidade diminuída.
Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitudes para o novo posto.
Artigo 13º.-Pagamento de nóminas.
Realizaranse tódolos días 28 de cada mes, exceptuando o mes de febreiro que se pagará dous días antes do seu remate. En canto á forma de pagamento, realizarase segundo a mensualidade de cada mes.
Artigo 14º.-Antigüidade.
O persoal abranguido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios na contía segundo a táboa anexa. Computarase para efectos da antigüidade o tempo prestado a título de aprendizaxe.
Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.
As pagas extraordinarias de xullo e Nadal aboaranse nas contías de trinta días cada unha delas, para todo o persoal e serán calculadas sobre salario base máis tódolos conceptos salariais que figuren na nómina de cada traballador, a contía de 12.000 pesetas do concepto de locomoción das pagas de xullo, Nadal e vacacións, pásanse a incentivo de 857 ptas. por mes.
A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase do 10 ó 15 de xullo. Polo que respecta ó 2º semestre, será aboada do 10 ó 15 de decembro.
Artigo 16º.-Plus de traballos especiais.
Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade, dan dereito á corres
pondente bonificación. A determinación ou cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase por acordo entre o empresario e a representación legal dos traballadores. En caso de desacordo, decidirá a autoridade laboral.
A expresada bonificación establécese así:
-Cando se produce un só suposto 58 ptas./hora.
-Cando se producen dous ou máis supostos 86 ptas./hora.
Artigo 17º.-Salarios.
Para o ano 1998 o incremento salarial será dun 2,5% en soldo base, antigüidade, gratificación voluntaria, incentivo e plus de transporte en cada categoría.
Para o ano 1999 o incremento salarial será dun 2,5% en soldo base, antigüidade, plus de transporte, penoso, tóxico ou perigoso.
Artigo 18º.-Horas extraordinarias.
Ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio acordan reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:
a) Horas extraordinarias habituais: supresión.
b) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como de risco de perda de materias primas: realización.
Todo isto sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.
c) Horas extraordinarias estructurais: supresión.
A dirección da empresa informará mensualmente ós delegados sindicais sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e os criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.
A realización de horas extraordinarias, conforme establece o artigo 35.5º do Estatuto dos traballadores rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregando copia do resumo semanal ó traballador na parte correspondente. As horas extraordinarias motivadas por forza maior non terán recarga nas cotizacións á Seguridade Social a que se refiren os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro. Para isto notificarase así mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e os delegados de persoal, se é o caso.
Establécese para o cálculo do valor das horas extraordinarias a fórmula seguinte:
HE=P(S+A)x1,75 ptas./hora.
H
HE = valor hora extra.
P = número de pagas ó ano.
S = salario convenio mes.
A = antigüidade mes.
H = núm. horas efectivas ano.
Tódolos traballadores que realicen traballos abranguidos entre as 24 horas ás 6 horas, terán dereito a permiso retribuído a xornada seguinte. Así mesmo, tódalas horas extraordinarias que se traballen de 10 da noite ás 6 da mañá aboaranse ó dobre do establecido para as horas extraordinarias normais. O traballador que realice horas no horario mencionado anteriormente terá dereito á cea, tamén se consideran dobres as horas traballadas os sábados, domingos e festivos.
As horas extraordinarias son de libre aceptación por parte do traballador.
A retribución das horas terán un incremento dun 2,5% para os anos 1998 e 1999.
Artigo 19º.-Saídas, axudas de custo e viaxes.
Todo o persoal que por necesidade da empresa teña que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, a empresa correrá cos gastos de locomoción, estadía e manutención. A empresa ten que comunicar por escrito ó traballador o dito desprazamento como mínimo con dous días de antelación dentro do territorio nacional e cinco días de antelación para desprazamentos fóra do territorio nacional.
Ó persoal que viaxe pagaráselle as horas extras normais e daráselle un día de descanso.
Durante o período de desprazamento incluíndo os días de viaxe de ida como o de volta a empresa aboará unha compensación económica nas seguintes contías:
-Desprazamento no territorio nacional: 1.200 ptas./día.
-Desprazamento no estranxeito: 2.500 ptas./día.
Artigo 20º.-Gastos mínimos de locomoción.
Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por día efectivamente traballado e en concepto de gastos de locomoción a cantidade de 582 pesetas.
Artigo 21º.-Quilometraxe.
Cando o traballador por necesidades da empresa e a requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que desprazarse utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle a cantidade de 32 ptas. por quilómetro.
Artigo 22º.-Seguro colectivo.
A empresa deberá concertar un seguro colectivo de accidentes con primas íntegras ó seu cargo,
mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:
-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 2.500.000 ptas.
-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez: 3.500.000 ptas.
O traballador facilitará o nome do beneficiario.
Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no momento da contratación do traballador.
Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios da empresa.
Artigo 23º.-Incapacidade temporal.
A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral, ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xornada laboral, complementarase ó cen por cento desde o primeiro día de baixa.
En caso de hospitalización o traballador percibirá o 100 por 100 do seu salario desde o primeiro día, para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar documental e fidedignamente ante a empresa o internamento nun centro hospitalario.
Artigo 24º.-Xubilación.
A empresa e traballadores poderán pactar xubilacións anticipadas ós 64 anos de conformidade co disposto no Real decreto 14/1981, do 20 de agosto e Real decreto 2705/1981, do 19 de outubro, debendo cubri-la empresa as vacantes producidas por cada traballador que se xubile, ó abeiro desta normativa sempre que reúna os requisitos esixidos polo mencionado decreto, por outra persoa, tendo preferencia os traballadores con contrato vixente, e os fillos de traballadores ambos a partes iguais.
Artigo 25º.-Servicio militar.
O traballador que se incorpore a filas con carácter oficial ou voluntario, polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo en que permaneza cumprindo o servicio militar, e dous meses máis computándose todo este tempo para efectos de antigüidade da empresa.
Durante o tempo de permanencia no servicio militar, ou prestación social substitutoria, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal.
Poderán reintegrarse ó traballo os licenciados do servicio militar con permiso temporal superior a un mes, sendo potestativo da empresa facelo cos que desfrutan permiso de duración inferior ó sinalado sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para poder traballar.
O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro no servicio militar, ó regreso deste volverá ó seu antigo posto na empresa.
Se a substitución a efectuase un traballador alleo á empresa, no momento de retorno do fixo cesará, sen dereito a ningunha indemnización se se lle noti
ficase co prazo de 8 días de antelación, aboándose estes se non se lle comunicase.
A non reincorporación do traballador fixo no servicio militar dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.
Artigo 26º.-Categorías.
As categorías poderán ser propostas a primeiros de cada ano á dirección da empresa polos representantes legais dos traballadores, logo do informe dos mandos que correspondan en cada caso.
Artigo 27º.-Acción sindical: dereitos sindicais.
Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais:
A empresa estará obrigada a ter un taboleiro de anuncios para a inserción de propaganda sindical.
Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores a empresa facilitará o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.
Cada un dos representantes sindicais disporá dun crédito de quince horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación.
Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais que en todo caso deberán ser correctamente realizadas.
A empresa dará conta das novas contratacións que realice ós representantes legais dos traballadores.
A empresa entregará obrigatoriamente copia do contrato de traballo, tanto ó traballador como ós seus representantes.
Acumulación de crédito de horas sindicais.
Os membros de delegados de persoal de empresa pertencentes a un mesmo sindicato, poderán ceder determinado número de horas mensuais retribuídas que lle correspondan legalmente a favor dun ou máis membros de delegados, afiliados ó mesmo sindicato. Para iso, os cedentes poñerano en coñecemento da dirección mediante autorización de palabra ou subscrita por eles mesmos mensualmente.
Artigo 28º.-Recibo de liquidación.
No caso de baixa na empresa, entregaráselle ó traballador copia da liquidación con 5 días de antelación ó cesamento.
Nas liquidacións que teñan lugar por remate ou rescisión de contrato ou outras causas, farase constar que o traballador non perderá o dereito a cobra-lo que a empresa teña que pagar ós traballadores en concepto de revisións, atrasos ou calquera outro tipo de variación na retribución que corresponda no tempo que o traballador que asine a liquidación prestou os seus servicios.
Artigo 29º.-Excedencias.
Os traballadores cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano, terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia
voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.
Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data do nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderán exercer este dereito.
Poderán, así mesmo, solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.
No non previsto neste artigo aplicarase o que estableza o Estatuto dos traballadores (Art. 46) e a ordenanza laboral siderometalúrxica (Art. 61), invocándose en cada caso a norma máis beneficiosa entre as ditas disposicións.
A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa cun mes de antelación como mínimo á data en que solicite comezala e a empresa dará recibo de presentación.
A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.
A incorporación ó posto de traballo será notificada polos traballadores cun mes de antelación á data de remate do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e as empresas estarán obrigadas a xustifica-la recepción do escrito.
Notificada a reincorporación nas condicións indicadas, será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento do inicio da excedencia.
Artigo 30º.-Indemnización por cesamento.
Establécese unha indemnización dun día e medio por mes traballado, para tódolos contratos excepto os indefinidos.
Artigo 31º.-Cláusula de desvinculación.
Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio non serán de aplicación pola empresa sempre e cando acreditase descensos en termos reais de facturación ou dos resultados dos últimos exercicios correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo no convenio anterior.
Para efectos de aplicación da presente cláusula, as partes acordan someterse ás seguintes normas de procedemento:
a) A dirección da empresa deberá comunicar por escrito á representación legal dos traballadores, e á comisión paritaria do convenio a vontade de acollerse á cláusula de desvinculación antes dos quince días seguintes á publicación do seguinte convenio, no BOP.
b) O prazo máximo dos trinta días naturais seguintes á comunicación anterior, a dirección da empresa entregará ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa fidedigna, documentación que como mínimo abranguerá: 1) memoria explicativa das causas que motivan a solicitude, 2) balances e contas dos resultados dos tres últimos exercicios económicos, así como a declaración do imposto de sociedades dos últimos dous anos.
c) Á vista da documentación presentada, se no prazo dos dez días seguintes á súa recepción polos representantes dos traballadores, non se alcanzase un acordo remitirase á comisión paritaria a indicada documentación.
d) A comisión paritaria nun prazo de dez días hábiles deberá resolver sobre a cuestión presentada.
e) Se a comisión paritaria non dictase resolución no prazo indicado, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA 1 do 4 de marzo de 1992, asumindo as partes asinantes do presente convenio o sometemento expreso ó dito sistema, polo simple feito da indicada revisión sen necesidade de ulterior sometemento ou aprobación.
f) Os acordos que se adopten no seo da empresa establecerán os incrementos acordados para a vixencia do convenio, así como a forma da súa aplicación. Do acordo adoptado darase conta á comisión paritaria co obxecto do seu coñecemento.
Artigo 32º.-Lexislación subsidiaria.
En todo o non expresamente regulado neste convenio aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores, convenio provincial e na derrogada ordenanza laboral siderometalúrxica, que asume en toda a súa integridade como norma subsidiaria polos asinantes así como as disposicións legais vixentes ou que poidan promulgarse durante a vixencia deste.
Artigo 33º.-Comisión paritaria e de vixilancia.
Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.
A comisión estará formada por dous representantes da empresa e dous representantes dos traballadores.
Cláusula adicional:
As partes asinantes deste convenio acordan que se cando remate este unha das partes non quixese seguir negociando convenio propio, a empresa pasaría a encadrarse dentro do ámbito do convenio provincial siderometalúrxico.
Táboa salarial do convenio colectivo
para o ano 1998
mensual extrasCategorías Salario base
Antigüidade Horas
Persoal de taller
Encargado 120.356 5.658 1.723
Oficial de 1ª 111.069 5.658 1.596
Oficial de 2ª 106.364 5.443 1.529
Oficial de 3ª 101.660 4.182 1.447
Especialista 1.405
mensual extrasCategorías Salario base
Antigüidade Horas
Peón 92.911 3.837 1.337
Chofer 103.443 4.182 1.473
Vixilante
Aprendiz 16 a 17
Aprendiz 17 a 18
Aprendiz máis de 18
Persoal administrativo
Xefe de 1ª 147.416 6.123
Xefe de 2ª
Oficial de 1ª 118.326 5.443
Oficial de 2ª 105.657 5.258
Auxiliar administrativo
Persoal técnico comercial
Enxeñeiros
Enxeñeiro técnico 173.598 7.037
Mestre industrial
Delineante proxectista 138.775
Técnico comercial
Delineante de 1ª
Delineante de 2ª 105.827 4.367
Aux. técnico 93.925 3.837
Calendario laboral
MesDíasHoras
Xaneiro21160
Febreiro20160
Marzo18168
Abril22160
Maio21160
Xuño21176
Xullo22184
Agosto20160
Setembro22176
Outubro23168
Novembro20168
Decembro 19 144
2481.984
Horas laborables ano 1998: 1.984.
Horas según convenio: 1.792.
Horas a disfrutar: 192 (24 días laborables).
1. As vacacións desfrutaranse en dúas quendas do 3 de xullo ó 1 de agosto, ámbolos dous incluídos.
Do 3 de agosto ó 1 de setembro, ámbolos dous incluídos.
E como o calendario é de 1.792 horas anuais, sóbrannos ós que marchan o 3 de xullo e o 3 de agosto, 24 horas.
Faranse pontes en Semana Santa os días 6, 7 e 8 de abril. Todo aquel persoal que por circunstancias do traballo non puidese realizar esta ponte, desfrutaraa o 28, 29 e 30 de abril.
Disposicións adicionais
Primeira.-Os atrasos do convenio colectivo correspondente ó ano 1998 aboaranse o 30 de abril.
Segunda.-Para o presente ano 1998 establécese un calendario laboral que figura anexo ó presente convenio.
Asinan o presente convenio en Vigo o 11 de marzo de 1998.
Polos traballadores:
Os delegados da empresa compostos polos seguintes membros:
José A. Gómez Dasilva. DNI: 36.107.238, Miguel Ferreira Alonso. DNI: 36.056.244 e Ángel L. Fernández Melón. DNI: 35.929.993.
Pola empresa:
Fernando Villar González.
3246

